jueves, 24 de mayo de 2012

O CONCELLO DE SANTIAGO VOLVE MULTAR ÁS PERSOAS QUE PROTEXEN AOS ANIMAIS


 CONCELLO DE SANTIAGO VOLVE MULTAR ÁS PERSOAS QUE PROTEXEN AOS ANIMAIS



Por segunda vez en menos de dous anos, o Concello de Santiago volve multar a unha persoa por alimentar aos gatos e gatas sen fogar que viven nas rúas da nosa cidade. Se no ano 2010 foi unha veciña de Santiago a que tivo que facer fronte a unha multa de 750  euros por este motivo, agora, outra veciña da cidade, unha muller maior de 80 anos, vese perseguida polo concello quen lle reclama  735 pola comisión do mesmo "delito"     .
Desde ABEIRO volvemos mostrar a nosa repulsa a estes feitos, máis unha vez son perseguidas e castigadas aquelas persoas preocupadas polo benestar animal, que fan o traballo  que deberían facer as institucións, coidando aos animais que malviven nas nosas cidades,  mentres os maltratadores  e infractores gozan dunha absoluta impunidade.
A primeira consecuencia desta medida é que esta persoa xa non se atreve a alimentar a eses gatos e gatas que dependían dela, polo que xa podemos imaxinar o destino que poden sufrir estes animáis. A segunda, é que a multa que lle  é aplicada, 735 euros, é moi superior á pensión que percibe mensualmente.
A lei de protección animal no artigo 20,  apartado f) considera  unha infracción leve  non facilitarlle a alimentación adecuada as súas necesidades(falando dos animais)  sendo responsábel de levar adiante a multa por incumprimento deste artigo,  o alcalde da cidade.  Pois ben, dacordo coa lexislación, o sr. Currás debería poñerlle unha multa ao concelleiro responsábel desta situación  por non facilitar a alimentación axeitada aos gatos e gatas que viven nas nosas rúas,  e mesmo impedir que veciños e veciñas da cidade cumpran con este punto da lei, xa que non se entendería que fose multada una vecina por vulnerar a normativa municipal  e non o fose o responsábel do cumplimento da LEI 1/93 á que fixemos alusión máis arriba. Xa que, segundo a lei 1/93, a señora Mallo non fai máis que levar adiante un dos seus puntos, esiximos a retirada inmediata da multa, e todas as consecuencias que a mesma poidese ter para esta veciña.
Ao mismo tempo, desde ABEIRO pedimos que se tomen medidas para controlar a poboación felina dunha maneira ética, castrando os gatos e gatas que viven nas rúas, e facilitándolles a alimentación axeitada ás súas necesidades, tomando exemplo doutras vilas galegas, como a capital ourensana, onde o concello colabora na castración e instalación de casetas na rúa para que poidan vivir moitos destes animais.
Así mesmo, animamos aos veciños e veciñas de Santiago a mostrar a súa solidariedade con  Carmen Mallo , rexeitando este tipo de medidas represivas, e solicitando ao concello da nosa cidade que leve a cabo outras prácticas de benestar animal máis acordes co tempo no que vivimos.
Agardamos que o concello retire a multa, de non ser  así, solicitamos a colaboración cidadá para axudar a esta muller. A xente que o desexe pode realizar a súa aportación na conta da asociación Abeiro, indicando "axuda a Carmen Mallo" , no número  0128 0110 21 0100041331, ou ben persoalmente na Tenda Vegana Herbas, na rúa Pitelos 26, baixo, de Santiago.

sábado, 5 de mayo de 2012

COMEZA CAMPAÑA CONTRA O COMERCIO ILEGAL DE ANIMAIS

Ainda que en Abeiro pensamos que tampouco ningún animal debería ser vendido legalmente, a realidade é que a venta  entre particulares consigue que as cifras de cans e gatos abandonados (e outros animais de compañía) aumenten ano a ano. Esta actividade non é legal, e as persoas que a levan a cabo vulneran o artigo 33 do decreto 153/1988. Se tes coñecemento dalgunha actividade deste tipo, debes polo en coñecemento do teu concello. En Abeiro podemos facilitarte unha carta tipo; diríxete a nós na conta de correo electrónico  asociacionabeiro@gmail.com. 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/05/04/comienza-campana-contra-comercio-ilegal-animales-domesticos/0003_20120520120504134138822.htm?idioma=galego

lunes, 26 de marzo de 2012

Nós tamén estivemos onte protestando contra o maltrato animal

A asociación pola protección animal ABEIRO sumouse onte, xunto con outros colectivos e persoas, a convocatoria do gurpo "NON AO MALTRATO ANIMAL", que naceu hai máis dun ano, tras o coñecemento do "caso schnauzi", ante a impotencia que sentimos pola  situación de impunidade na que se atopan os maltratadores de animais. Mostrando as nosas mans pintadas de vermello quixemos simbolizar a dor que sufren diariamente milleiros de animais mentres as administracións e a xustiza miran para outro lado.

Seguiremos informando das próximas accións deste grupo por se vos queredes sumar.

domingo, 18 de marzo de 2012

gatas e gatos en adopción

Queres colaborar con nós?  Unha das formas, e a mellor, sen dúbida, é dándolle un fogar definitivo a un dos nosos gatos e gatas. Todos e cada un deles  é entregado-a castrado-a, desparasitado-a e vacinado-a. O-a adoptante ten que cubrir un contrato  con nós, no que se compromete a coidar ao gatiño-a como se merece . Facemos pre e postseguimentos. E ti, anímaste a compartir a túa vida con algún destes felinos? Ponte en contacto con nós aquí ou en asociacionabeiro@gmail.com.

domingo, 20 de marzo de 2011

DEDAL EXTRAVIADO

Atención, extraviado DEDAL sobre as 18 horas  do dìa 18 na zona do Carme de Abaixo, a carón do río Sarela. Pouco despois é visto pola Rúa Frei Rosendo Salvado (á altura do L.S.C do Ensanche) estaba diante da porta dun bar. Unha das súas casas de adopción estaba a dous minutos de onde foi visto (na intersección da R. República Arxentina e R. Romero Donallo) é  dicir que coñece esa zona perfectamente, e tamén o Campus Sur e a zona de Cornes por onde o paseaban daquela.
  Descripción breve: mestizo de Setter, capa castaño claro, cara branca, actualmente leva un colar vermello de coiro. Moi sociábel e agarimoso.
  Estade atentos/as, se alguén o atopa que chame a Policia Local para que avisen ao servizo de lacería-

viernes, 11 de marzo de 2011

can que precisa un fogar. Podes axudar ti?

Precisamos unha casa de acollida, temporal ou definitiva, para este canciño, un cruce de labrador dun ano de idade aproximadamente, moi cariñoso e moi asustado.
As persoas que o recollen fanno despois de saber que leva unha semana abandonado, e que un veciño lle pega cunha pá na cabeza. Cando o van coller asústase moito e queda totalmente paralizado, sen embargo, antes non facía máis que saltar e tumbarse diante deles demostrando sumisión. Cando o collen venlle un chichón na cabeza, seguramente do golpe que lle  deran unhas horas antes.
Pesará uns dez quilos, negro, macho, tipo labrador e menos dun ano. Na primeira exploración atopáronlle tamén un dente roto. En Abeiro non temos neste momento casas de acollida para el, e por iso tivo que ir para Bando. Se podes darlle un fogar, por favor ponte en contacto con nós
 

martes, 1 de marzo de 2011

Axuda para esta banda

http://labandadelpoligono.blogspot.es/
Marcelo precisa axuda,  leva moito tempo coidando de cans e gatos abandonados e buscándolle un fogar. Moitos morren sen conseguilo. Viven na rúa e hai moitos casos moi urxentes, como esta preciosidade da foto, chamada Tita, recén abandonada no polígono e á que vai ter que voltar soltar no monte se non aparece casa para ela.

martes, 8 de febrero de 2011

axúdanos a atopar a Laila

Laila é unha cadeliña husky de oito anos extraviada desde o venres 4 deste mes. Os propietarios puxeron cartaces coa foto, e recibiron chamadas dicindo que a viron sábado e domingo pola zona da escola de Hostalaría, Laraño e papeleira de Brandía.Desde o domingo ninguén a viu. Ten chip, unha verruguiña na cabeza e o día que desapareceu levaba un colar negro. Por favor, axúdanos a atopala. Se a vedes podedes collela, é moi boa e non morde, e poñervos en contacto con nós a través do blog ou do correo electrónico, ou chamando á propietaria (Rosa) ao número 666686207

lunes, 31 de enero de 2011

Sempre contigo


Non sei se vos lembrades de Ames, xa publicamos a súa foto e historia en outubro. Nos sí nos lembramos, e moito, e agora con moitísima dor. Víctima do abandono, víctima despois do seu enorme medo, nunca miraron para el na canceira, era un can invisible, porque el quería selo. Enfermou, pasou moito frío na canceira, e foi sacrificado. Agora somos nós os que temos medo, medo ao que o mundo non cambie, a que a lei de protección animal non mude e evolucione, temos medo ao frío deste mundo insensible. E temos rabia. Xa non podemos facer nada máis por el, só lembralo, e facer así un pouco máis xusta a súa vida. Merecíao todo, e nada tivo. Pensade nel, non merquedes animais, esterilizade aos vosos animais, pensade neles, e nos outros. Xuntos podemos cambiar isto, de verdade. Miremos cara aos países civilizados, onde os culpables son xulgados coma o que son, e as víctimas son recoñecidas como tales, e se loita de verdade por eles. Ames, nunca soubeches o que te queríamos, poucas veces te deixabas acariñar. Non sabes como nos deixas...